HOME
  • About ENSU | Про RESU | À propos du RESU | Acerca de la RESU
CALENDAR OF COMING EVENTS

LANGUAGES | LANGUES | МОВИ | SPRÅK | SPRACHEN | KIELET | IDIOMAS | JĘZYKI | JAZYKY | ЯЗЫКИ | ΓΛΩΣΣΕΣ | LÍNGUAS | TALEN | |語言 | 언어 | زبانیں | DİLLER

SOCIAL MEDIA

SOLIDARITY GROUPS AND SOCIAL MEDIA IN YOUR COUNTRY

SOLIDARITY: INITIATIVES, PROJECTS AND EVENTS

UKRAINE: MAJOR THEMES

UKRAINE IN WORLD POLITICS

RUSSIAN WAR CRIMES AND CRIMES AGAINST HUMANITY

RUSSIA: ANTIWAR RESISTANCE AND OTHER ISSUES

STATEMENTS BY ENSU-RESU

STATEMENTS BY ENSU-RESU AFFILIATES

LEFT ELECTED REPRESENTATIVES FOR UKRAINE

SOLIDARITY WITH UKRAINE CONFERENCES

UKRAINE AND THE LEFT

DISCUSSION

AUTHORS (SELECTED)

GLOBAL CALL: UKRAINE MUST RECEIVE ALL IT NEEDS TO WIN A JUST PEACE!

Os combatentes anarquistas na guerra de Ucraína: “Loitamos contra o imperialismo ruso”

Content
www
https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/239242-combatentes-anarquistas-guerra-ucraina-loitamos-imperialismo-ruso
Date of first publication
28/08/2023
Author

Patrick Le Tréhondat

Están integrados en todas as ramas militares do exército ucraíno. Defínense como inimigos da opresión. Son de varias nacionalidades: ucraínos, rusos, bielorrusos e de outros países occidentais. O seu lema é: “Pola nosa liberdade e pola túa”. Hai varios grupos anarquistas, pero a maior organización é o Comité de Resistencia. Trátase da principal coordinadora de voluntarios antifascistas e libertarios que tomaron as armas contra a invasión de Moscova. A nova crónica da corresponsal de GC na Guerra de Ucraína, Miriam González.

Rock sempre imaxinou que pelexaría nunha guerra de clases. Agora loita contra un “estado imperialista”. Varias tatuaxes adornan os seus brazos e xa participou en accións de combate. Cando fala dos seus compañeiros emprega a palabra “tovarich”; camarada en ruso. Chega acompañado dunha moza que vai axudar ca tradución. Ela é tamén unha anarquista que pertence aos Colectivos Solidarios. En Ucraína hai una rede de “voluntarios antiautoritarios” que colaboran activamente no esforzo de guerra. Batallan na fronte e tamén fan misións humanitarias.

O verán en Kiív é igual de duro que o de Ourense. Por sorte o lugar escollido para o encontro é un parque que non está lonxe da estatua da “Nai Ucraína”. Unas semanas atrás o seu nome era “Nai Patria” e seguía conservando o escudo soviético. Nun banco a sombra preto do monumento o soldado descoñecido, Rock explica por qué un anarquista loita por un estado. O obxectivo está claro: a defensa de Ucraína contra a agresión imperialista. Para poder loitar de forma efectiva necesítanse armas. E para ter armas é preciso estar no exército, explica Rock.

“Non quero que Ucraína este baixo o control xeopolítico de Rusia, se iso pasa terminará sendo un país parecido a Belarús e Kazaxistán” insiste o mozo. Con todo, admite que tomar a decisión de alistarse non foi sinxelo. Tiña moitas dúbidas xa que sabía que ía estar no mesmo bando de xente con ideoloxías de dereita ou extrema dereita: “Na rúa estaríamos en barricadas diferentes; foi un desafío”, anota. Pero o impacto da invasión a gran escala de Ucraína fixo que organizacións antagónicas dependesen unhas das outras para sobrevivir. Rock, recoñece que houbo amplos debates dentro do movemento antifascista sobre esta cuestión.

Outro dos principais motivos para alistarse é que este conflito armado “é unha oportunidade para que as nosas ideas sexan mais populares”. Ademais os anarquistas ucraínos xa teñen experiencia militar :“Isto é importante para o movemento xa que dende hai 10 anos crece o apoio social ao populismo de dereitas en toda Europa”.

Para este mozo anarquista é un paradoxo que se fale “do goberno nazi de Ucraína, cando noutros países de Europa -Alemaña, Francia ou Italia- este tipo de partidos teñen un maior apoio social”. Rock ten unha visión completa do panorama político internacional e a súa importancia nesta guerra. Asegura que dende 2014 a Unión Europea só apoiou a Ucraína “con palabras”. E afirma que a chegada de armamento só se fixo efectiva cando a sociedade ucraína demostrou que resistiría; “eu loitei con armas dos tempos de Vietnam”. Aquí confrontase “o fascismo ruso, pero para os socios occidentais é máis importante debilitar a Moscova, que Ucraína gañe a guerra” subliña o combatente.

ANTIAUTORITARIOS NO EXÉRCITO

O Comité de Resistencia comezou a funcionar unhas semanas antes da invasión a gran escala de Ucraína. Aínda que a corrente maioritaria é anarquista, hai tamén outras tendencias: antifascistas, libertarios, anarcofeministas, ecoloxistas.... Por este motivo defínense como antiautoritarios. No inicio da invasión en febreiro de 2022, esta coordinadora serviu de enlace para os voluntarios que estaban dispersos en diferentes unidades. Rock afirma que a situación agora é mellor para estes colectivos xa que pouco a pouco van tendo a oportunidade de pelexar xuntos. Moitos combatentes anarquistas e antifascistas tiveron que integrarse en distintas unidades do exército, sobre todo no inicio.

Naquelas unidades compostas por anarquistas toman as decisión de forma democrática. Pero moitas veces non é posible pola situación de risco entón delegan na persoa máis experimentada. Aínda así a influencia destes combatentes no ámbito castrense é polo de agora pequena. Rock di que os anarquistas non prestaron atención a guerra do leste do país durante oito anos. “No Maidán intentouse crear o grupo dos 100 negros, pero a extrema dereita acabou con esta formación, e moitos decidiron non loitar”. Por este motivos moitos grupos que si participaron nas hostilidades do Dombás acadaron maior respecto social e influencia.  “Se nós tiveramos loitado antes, agora poderíamos ter as nosas propias formacións”, explica Rock.

Esta coordinadora apoia a “activistas autónomos e as iniciativas horizontais que resisten ó colonialismo e o imperialismo do estado ruso”. Publicaron o seu propio Manifesto o pasado 20 de maio de 2022. O obxectivo, sinalan, é unir esforzos dos loitadores antiautoritarios. Destacan que “a loita dos ucraínos da esperanza de liberación a todos os oprimidos polo putinismo”. Ademais, salientan que non son inimigos dos pobos de Rusia e Bielorrusia e piden a todos estes cidadáns que “loiten contra a ditadura” con eles.

Esta coordinadora apoia a “activistas autónomos e as iniciativas horizontais que resisten ó colonialismo e o imperialismo do estado ruso”

O Comité de Resistencia, xunto coa iniciativa dos Colectivos Solidarios -voluntarios civís- trata de conseguir fondos para material táctico e médicos para militares. Tamén apoian a os refuxiados internos e realizan evacuacións de zonas que están preto da fronte.

A ESQUERDA EUROPEA E PUTIN

Para moitos ucraínos en xeral e para os voluntarios antifascistas en particular é sorprendente a posición dalgunhas membros esquerda nesta guerra. Rock cre que moitos esquerdistas consideran que estar contra OTAN é progresista. Con todo, o voluntario sinala que se pode estar en contra da Alianza Atlántica e a vez estar contra a agresión imperialista rusa. Non son cuestións contraditorias para el.

Outra das causas que explica esta situación é a “idea confusa” de que a Rusia actual é unha sorte de herdeira da URSS, o cal non é certo. A Federación Rusa é un país conservador de dereitas. “O Kremlin fixo o imposible por reprimir as organizacións sociais de todo tipo para impedir protestas. Ata os sindicatos están controlados polo poder” sentencia o voluntario. Un dos motivos polos que certos grupos de esquerdas apoian a narrativa rusa, segundo Rock, e que Moscova os apoiou con diñeiro.

Existe a “idea confusa” de que a Rusia actual é unha sorte de herdeira da URSS, o cal non é certo. A Federación Rusa é un país conservador de dereitas

Tamén dentro do movemento anarquista hai actores prorrusos, “a eses chamámoslles anarcoputinistas, porque fan propaganda e nin sequera cobran”, aclara Rock cun sorriso irónico. En xeral os loitadores de esquerdas en Ucraína reciben moita menos atención que outras organizacións. Pero tamén están a entregar as súas vidas nesta guerra. O pasado 19 de abril tres “revolucionarios internacionalistas” morreron na batalla de Bakhmut.

Logo

ABOUT ENSU | ПРО ENSU | À PROPOS D'ENSU | ACERCA DE ENSU | SOBRE A ENSU | SU ENSU

LANGUAGES | LANGUES | МОВИ | SPRÅK | SPRACHEN | KIELET | IDIOMAS | JĘZYKI | JAZYKY | ЯЗЫКИ | ΓΛΩΣΣΕΣ | LÍNGUAS | TALEN | |語言 | 언어 | زبانیں | DİLLER

SOLIDARITY GROUPS AND SOCIAL MEDIA IN YOUR COUNTRY

Australia

Belgium

Belgium

Canada

Canada

France

Germany

Germany

Ireland

Italy

Luxembourg

Norway

Spanish State

Spanish State (Catalonia)

Sweden

Switzerland

United Kingdom (England and Wales)

United Kingdom (England and Wales)

United Kingdom (Scotland)

United States

SOLIDARITY: INITIATIVES, PROJECTS AND EVENTS

Campaign against Russian fossil fuel exports (Stop LNG!)

Ukrainian prisoners of war, civilian captives and abducted children

Solidarity with the independent union of Ukrainian nurses and medical workers, Be Like We Are

Stop the persecution of the Crimean Tatars

Free all anti-war activists in Russia!

Completed campaigns and events

Solidarity information by language

USEFUL LINKS: SITES IN SUPPORT OF UKRAINE

Entendiendo Ucrania

Ukraine Information Group weekly bulletins

Centre for Research on Energy and Clean Air (CREA)

Make Putin Pay

Simon Pirani's blog

USEFUL LINKS: UKRAINIAN ORGANISATIONS

Federation of Trade Unions of Ukraine

Confederation of Free Trade Unions of Ukraine

Solidarity Collectives

Social Movement (Sotsialnyi Rukh)

Narodovladdia

SD Platform

National Ecological Centre of Ukraine

Razom We Stand

Ukraine War Environmental Consequences Work Group

Feminist Workshop

Ukrainian Feminist Network

Ukrainian Women's Fund

Ukrainian LGBT+ Military and Veterans for Equal Rights

ZMINA

Kharkiv Human Right Protection Group

Centre for Civil Liberties

International Centre for a Ukrainian Victory

USEFUL LINKS: UKRAINIAN MEDIA IN ENGLISH

Commons (Spilne)

Ukrainer

Army Inform

Censor.net

Euromaidan Press

European Pravda

Gordon

Hromadske

Kyiv Independent

Kyiv Post

LB.ua

Liga.net

Mirror of the Week

New Voice of Ukraine

RBC-Ukraine

TSN

Ukraine National News

Ukrainska Pravda

Ukrinform

United 24 Media

PUBLICATIONS AND RESOURCES

Soutien á l'Ukraine Résistante

Trade Union Newsletter

Feminist Anti-War Resistance (Russia)

Videos and podcasts

Leaflets | Dépliants | Folletos

UKRAINE: MAJOR THEMES

Crimean Tatars

Corruption (including July 2025 protests against dissolution of anti-corruption agencies)

Economy

Energy crisis and environment

Emigration and refugees

Feminism

Foreign, alliance and defence policy

History

Human rights, civil liberties and the rule of law

Labour movement, trade unions

LGBTQI+

Occupied territories

Pacifism

The Ukrainian left

Youth and students

ENSU’s public media policy | Politique des médias publics du RESU | Política de medios públicos de la RESU